O BNG pon en marcha unha campaña informativa no sur de Lugo sobre a Reforma Local

O responsable comarcal do BNG no sur de Lugo, Ricardo Rodicio, participou na difusión de folletos informativos na rúa Cardenal de Monforte. EC.

O pasado 11 de novembro, o Bloque Nacionalista Galego iniciou no sur de Lugo unha campaña informativa destinada a informar á poboación «das repercusións que implicarán a aprobación da futura lei de Reforma da Administración Local que prepara o Goberno de Mariano Rajoy. O responsable comarcal do BNG Lugo-Sul, Ricardo Rodicio, participou no reparto de dípticos informativos na monfortina rúa Cardenal, xunto co alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e o alcalde de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. Estes mandatarios locais, xunto co alcalde de Allariz, Francisco García, participarán o venres 15 de novembro ás 20 horas, no acto público que se celebrará na Casa da Cultura de Monforte baixo o título «A Reforma da Administración Local».

«A REFORMA LOCAL É UN PASO MÁIS NA ESTRATEXIA DE RECORTES DO PP»

A lei que prepara o Goberno central é interpretada polos nacionalistas como «un paso máis na estratexia xeral de recortes que o PP está a aplicar na sanidade, na educación ou na dependencia», según explicou o responsable comarcal do BNG Lugo-Sul, Ricardo Rodicio. Os nacionalistas entenden que, ademais, a lei invade competencias directas dos concellos en favor das deputacións, «pese a que os primeiros son a administración máis próxima e ten un coñecemento claro dos problemas da veciñanza», suliña Rodicio. Dende o BNG alertan de que esta reforma reducirá servizos como a asistencia social a domicilio, prestacións que dependen dos traballadores sociais dos concellos, centros de día, políticas de dinamización de emprego, escolas infantís, comedores escolares ou prestacións deportivas e culturais. «Estes servizos, que ata agora eran prestados polos concellos, serán ofertados en macrocontratos dende as deputacións en beneficio de grandes empresas de servizos madrileñas, ás que non lles preocupan as necesidades reais dos veciños de cada concello», denunciou Rodicio.

Asimesmo, dentro desta estratexia informativa, o BNG Lugo-Sul organizou un acto público o pasado 15 de novembro, na Casa da Cultura de Monforte, onde os alcaldes de Monforte, Allariz e A Pobra do Brollón explicaron ó público asistente as consecuencias para os concellos lucenses desta Reforma Local.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O monfortino Roberto Vila impartiu unha conferencia na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

Seguinte Nova

Todo preparado para o inverno nas estradas provinciais

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: