Dende o CCA Ribeira Sacra amosaron a súa satisfacción polos resultados do Chantapas 2013, “un dos mellores dos últimos anos”, según precisaron dende a xerencia. Os establecementos gañadores na modalidade de Tapa Tradicional foron o Café Bar Plaza, coa tapa “Filloas do mar”, que acadou o 1º premio con 73 puntos; houbo empate no 2º premio, entre Cervecería Cheers, coa tapa “As misturas da miña sogra”, e o Capitol, coa tapa “Coello con mariacastaña naiciñas e pasas”, ambos con 71 puntos; o 3º premio foi para Mesón O Cantón, coa tapa “Brocheta O Cantón”, con 70 puntos. Por outra banda, os gañadores da modalidade Tapa Innovadora foron a Cervecería Cheers, coa tapa “Milfollas Cheers”, con 78 puntos (1º premio); Mesón O Cantón, coa tapa “Montadiño de solomillo ó queixo de Arzúa” (2º premio); e houbo empate no 3º premio, entre Mesón Orcha, coa tapa “Cucurucho de mar e terra”, e Cafetería Sylt, coa tapa “Delicia Sylt”, ambos con 68 puntos.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa