O Concello de Monforte aforrou 58.000 euros en iluminación pública nos primeiros nove meses de 2013

O Concello de Monforte está a recoller os froitos das medidas de eficiencia enerxética aplicadas ó alumeado público. Arquivo EC.

O concelleiro de Servizos Municipais, José Luis Rodríguez Rivera, anunciou que o Concello ven de aforrar 58.000 euros respecto do gasto en iluminación pública do ano pasado, no periodo comprendido entre xaneiro e setembro. O responsable municipal explicou as medidas de eficiencia enerxética adoptadas para obter este aforro na iluminación pública tanto nas parroquias como no casco urbano.

APAGADO SELECTIVO DO ALUMEADO PÚBLICO NA ZONA URBANA

Na zona urbana, o Concello tivo en conta as posibilidades de cada barrio ou rúa para aplicar as medidas de aforro enerxético, como o apagado de puntos de luz, a supresión dunha das fases en liñas trifásicas, e a supresión de iluminación dunha beirarrúa cando as luminarias superasen os 8 metros de altura e tiveran distribuidos os puntos de luz en forma pareada.

SUBSTITUCIÓN DE LÁMPADAS POR UNIDADES DE MENOR POTENCIA

Por outra banda, tanto en zona urbana como en parroquias, o Concello procedeu á substitución, na medida do posible, das lámpadas e equipos existentes por outros de menor potencia, sempre intentando manter o mínimo de iluminación e uniformidade esixido no Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Alumeado Exterior. Ademais, o Concello de Monforte axustou as tarifas coa empresa comercializadora segundo a potencia contratada en cada subministro.

AFORRO DUN 22,17%

Da análise das facturas dos 219 suministros de iluminación pública dos que dispón o Concello de Monforte, estímase un aforro do 12,71% na enerxía consumida entre xaneiro e setembro de 2013 respecto ó mesmo periodo de 2012. Os datos económicos correspondentes a estas facturas falan dun gasto aproximado de 300.000 euros, estimación que supón un aforro de 58.000 euros de xaneiro a setembro de 2013, un 22,17% menos de gasto que no mesmo periodo de 2012.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte conta cunha nova ruta de sendeirismo

Seguinte Nova

Completados os traballos de mellora en dotacións públicas no rural do sur lucense

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio