Invitado por esta insigne institución

O pasado 31 de outubro, a sede da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia acolleu a conferencia titulada «Memoria de un servicio de cirugía. Estrategias de una gestión», a cargo do monfortino Roberto Vila, licenciado en Bellas Artes e doutor en Medicina, e especialista en Aparato Dixestivo e Cirurxía Xeral. A intervención do médico monfortino foi presentada por Luis Rodríguez Míguez, académico numerario, quen lembrou que «algúns seres singulares son capaces dunha doble actividade, xa que a Naturaleza os dotou dunha doble aptitude e actitude, dunha doble vocación que pode extenderse ós eidos da Ciencia e da Arte», como no caso de Roberto Vila, que coa súa conferencia «veu cubrir unha importante lagoa na historia da Medicina galega e ourensá».
A continuación, o doutor Vila iniciou a súa intervención agradecendo as palabras de Rodríguez Míguez, e resaltando a súa admiración hacia os seus profesores da Facultade de Medicina de Zaragoza, e hacia os seus xefes e mestres de Cirurxía nos hospitais General de Asturias, Beaujon de Clichy-Francia, e Vall d’Hebrón de Barcelona, así como dos equipos cirúrxicos cos que compartiu actividade no Hospital Juan Canalejo de A Coruña e no Hospital Nuestra Señora del Cristal en Ourense. De seguido, o doutor Vila describiu as estratexias directivas, administrativas e de organización neste último hospital, co desenvolvemento de programas docentes e de formación continuada tomados do Hospital General de Asturias onde se viñan impartindo según o modelo da famosa Clínica Mayo dos Estados Unidos, así como da planificación e execución de avanzadas técnicas cirúrxicas durante os seus anos como Xefe titular de Cirurxía ó servicio da Seguridade Social. O acto foi clausurado polo Presidente da Real Academia, José Carro Otero, quen felicitou ó conferenciante e instou a todos a seguir compatibilizando o exercicio da Medicina co das nobles disciplinas da Arte e das Humanidades.•