Do 13 ó 14 de novembro, o Concello de Monforte amosou as potencialidades e vantaxes do Porto Seco na III edición da Plataforma Comercial del Almacenaje, Manutención y Logística LOGISTICS Madrid, na que participan numerosas empresas vinculadas ó sector do transporte, a loxística e o almacenaxe. A presenza da plataforma monfortina nesta feira débese á estreita colaboración entre a Xunta, o Cluster e o Concello, para promover o Porto Seco, como unha gran oportunidade para difundir as características e potencialidades deste solo industrial. As instalacións do Porto Seco amosáronse a través de dous paneis informativos, sobre a situación xeográfica e as conexións por estrada e ferrocarril coas infraestruturas portuarias e aeroportuarias galegas e do norte de España e Portugal, e sobre as características da plataforma monfortina e os diferentes espazos da súa superficie, ademais de ofrecer trípticos promocionais en tres idiomas.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Renfe iniciou a formación dalgúns dos profesionais que se integrarán no persoal do novo Centro de
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa
• Ademáis, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, sinalou que a Xunta
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral de Pesca, Acuicultura