Os de Neka acadaron oito medallas no Open Internacional de Pontevedra

O taekwondo monfortino acumula éxitos

José Mª Vega, adestrador do Neka: “Do grupo que levamos, máis da metade dos rapaces trouxo medalla”

Un momento da participación dos taekwondistas do Gimnasio Neka, no Open Internacional de Pontevedra celebrado o 2 e 3 de novembro. (Foto cedida).

O Gimnasio Neka ven de engadir oito novas medallas ó seu palmarés de éxitos. Os taekwondistas monfortinos colleitaron un ouro, tres pratas e catro bronces no Open Internacional de Pontevedra, celebrado o 2 e 3 de novembro.

MEDALLAS EN COMBATE E EN TÉCNICA

Na modalidade de combate, Yago García acadou medalla de ouro, a prata foi para Mario Fernández e o bronce para Petre Mihail. Na cuarta ronda caeron, logo dun bo campionato, Alejandro Losada, José Roca e Saúl Martínez. Pola súa banda, na modalidade de técnica, Samuel López e Alejandro Fernández, actual campión de España, acadaron cadansúa medalla de prata, mentres que foron bronce Marcos García, Carlos Fernández e Alan Guagua. Pola súa banda, María Fernández, Yasmin Rodríguez, Saúl Vázquez e Carlos Rey, logo dunha boa actuación, non pasaron ronda.

O adestrador do Gimnasio Neka, José Mª Vega, amosou a súa satisfacción polos resultados acadados no Open de Pontevedra. “O campionato foi estupendo, xa que de 15 rapaces que levamos máis do cincuenta por cen trouxo medalla”, explicou Vega.•

O GIMNASIO NEKA ACOLLEU UNHA XORNADA DE TECNIFICACIÓN COA CAMPIONA EUROPEA ESTEFANÍA HERNÁNDEZ

A xornada de tecnificación a cargo da campiona europea Estefanía Hernández celebrouse nas instalacións do Gimnasio Neka. (Foto cedida).

Estefanía Hernández, campiona de España cadete, junior e absoluta, e campiona europea, desenvolveu o 9 de novembro unha xornada de tecnificación no Gimnasio Neka. Impartiu formación tanto a rapaces como a adestradores, e falou da súa experiencia na alta competición. No Gimnasio Neka xa preparan a Copa Deputación, que organizarán en Monforte o 30 de novembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Gran rivalidade e emoción nunha competidísima Ryder Cup 2013

Seguinte Nova

Denuncian que o paro aumentou un 25% en Lugo dende a chegada do PP á Xunta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: