Todo preparado para o inverno nas estradas provinciais

O Plan Invernal da rede viaria provincial xa traballa a pleno rendemento

O deputado de Xestión Territorial na Deputación de Lugo, Manuel Martínez, presentou o Plan Invernal da rede de estradas provinciais, que xa está en marcha. GPDL.

Como cada ano por estas datas, a Deputación de Lugo xa ten en marcha o Plan Invernal na rede de estradas de titularidade provincial. Os máis de 4.200 quilómetros que integran esta rede, a máis extensa de España na súa categoría, están a ser atendidos por un dispositivo composto por 104 operarios e 64 máquinas, e que están a traballar xa a pleno rendemento.

OBXECTIVOS DO PLAN INVERNAL DA REDE DE ESTRADAS PROVINCIAL

O Plan Invernal da Deputación de Lugo garante deste xeito a cobertura de incidencias nas estradas baixo a súa titularidade nos 67 concellos da provincia, cunha atención continuada as 24 horas do día. Ademais deste servizo, outro dos obxectivos deste Plan Invernal é manter emprego, dado que a Deputación de Lugo ven de contratar este servizo a autónomos e pequenas e medianas empresas lucenses. O Plan Invernal realízase con cargo á partida anual que o organismo provincial destina á conservación viaria, e que este ano supera os 3 millóns de euros. Para a posta en marcha deste Plan, e co fin de ofrecer a atención máis eficiente en todos os puntos da provincia, o dispositivo distribúese en oito zonas, cada unha delas dotada con 13 traballadores e 8 vehículos.

As estradas de montaña, como as que percorren os diversos municipios da comarca de Quiroga, concentran durante os meses de inverno a maior parte das incidencias atendidas polo operativo humano e mecánico do Plan Invernal da rede de estradas provincial. EC.

OPERATIVO DISTRIBUIDO EN OITO ZONAS

Así, o dispositivo destinado á zona 8 cubre as incidencias nos 738 quilómetros de estradas provinciais dos municipios de Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo. Pola súa banda, o operativo da zona 7 abrangue os 313 quilómetros de rede provincial dos concellos de Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil, e que rexistra un dos índices máis altos de actuacións do Plan Invernal. Asimesmo, os municipios de O Páramo, Sarria e Paradela están integrados na zona 4, xunto con Guitiriz, Begonte, Friole, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso e Portomarín, cun total de 680 quilómetros de vial. Pola súa banda, Láncara inclúese na zona 3, con Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo e Baralla, cun total de 668 quilómetros de estradas. Ademais, o Plan Invernal conta con 12 saleiros situados en Cervantes, Becerreá, Folgoso do Courel, Ribas do Sil, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Riotorto, O Incio, Ourol, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Lugo, que estarán provistos de 235 toneladas de sal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG pon en marcha unha campaña informativa no sur de Lugo sobre a Reforma Local

Seguinte Nova

A aplicación MeteoRoute, xa dispoñible para Android

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio