A Asociación Veciñal de O Saviñao reclaman melloras no punto de información turística

Esixen tamén que o Concello prohíba o acceso de vehículos á Devesa

A mediados deste mes, a Asociación Veciñal de O Saviñao solicitou do Concello a actualización e mellora do punto de información turística dixital, «o único punto de información turística co que conta o concello e que presenta certas carencias», según suliñan no seu escrito. O colectivo veciñal precisa que se deben actualizar diversos datos referidos ás rutas de interés, coa inclusión, por exemplo, da visita ós castros de Mourelos, Vilacaíz e Orxaínza, e da ruta de sendeirismo PR-G 162, recentemente homologada; tamén puntualizan diversas melloras nos apartados de áreas recreativas e patrimonio inmaterial. Ademais, consideran que debe incluírse na axenda cultural a carreira de burros, a romería de Diomondi, o Entroido e as festas municipais de Escairón. O colectivo veciñal suxire tamén a inclusión no punto de información dun mapa do municipio, así como unha maior presencia de material gráfico para complementar os datos dun xeito máis promocional e atractivo ó visitante.

Por outra banda, a Asociación Veciñal de O Saviñao transmitiu ó Concello as queixas da veciñanza pola «reiterada» presenza de vehículos rodados na Devesa, tanto en días de feira como durante as festas patronais de Escairón. O colectivo advirte do risco que para o mantemento da Devesa supón a presencia destes vehículos, e temen que este feito cree precedente para que accedan a este «espacio emblemático» vehículos como motos ou quads, polo que solicitan o peche dos posibles puntos de acceso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CEIP A Gándara, de Monforte, entre os sete centros lucenses que participan nun proxecto pioneiro de voluntariado a través da lectura

Seguinte Nova

Segue a polémica en torno ás responsabilidades polo problema da auga en Bóveda

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: