A Xunta sorteou en Pantón cinco vivendas de promoción pública

O investimento autonómico nestas vivendas foi de 800.000 euros

O 24 de novembro, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) sorteou cinco vivendas de promoción pública rehabilitadas por este organismo no concello de Pantón. No sorteo participaron os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda no apartado de promoción pública. Estas cinco vivendas pertencen a unha promoción do IGVS, a través da rehabilitación das antigas vivendas dos mestres, cun investimento de preto de 800.000 euros. As cinco vivendas teñen entre 82,80 e 85,42 metros cadrados, todas con tres dormitorios. Logo do sorteo, foron adxudicadas provisionalmente tres destas vivendas, dúas en réxime de alugueiro e unha en compravenda, quedando vacantes as dúas restantes. As adxudicacións serán comunicadas por carta aos beneficiarios, que terán un prazo de dúas semanas para aceptar ou non a adxudicación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón celebrou a chegada do outono con magosto e pancetada

Seguinte Nova

Visita institucional ó Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: