As Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia teñen un 52,5% máis de alumnos que hai cinco anos

O idioma máis demandado segue a ser o inglés

Unha vez rematado o proceso de matriculación nas Escolas de Idiomas de Galicia, dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria informaron do incremento nun 52,5% do alumnado destes centros nos últimos cinco anos. Así, este curso o número de estudantes de idiomas en Galicia ascende a 34.812, o que supón 11.981 máis ca no curso 2008-2009.

DATOS POR IDIOMA

Por idiomas, o inglés segue a ser o que conta con máis estudantes, con 22.715 matriculados, seguido do francés, con 4.355, o alemán, con 3.101 matrículas, e o italiano, que contabiliza 1.727 alumnos. Os cursos de portugués rexistran 1.237 matriculados, mentres que os de chinés teñen 500, os de xaponés 397, os de galego 390, os de español para estranxeiros 176, os de árabe 122, e os de ruso 92.

ESCOLAS OFICIAIS DA NOSA PROVINCIA

Nas dúas Escolas que funcionan en Lugo, ademáis da sección de Sarria, o alumnado aposta maioritariamente polo inglés. A Escola Oficial de Lugo rexistra un total de 2.019 alumnos, dos que 1.253 escolleron o inglés, mentres que os demais idiomas sitúanse a considerable distancia. Así, en Lugo son 229 os alumnos que estudian francés na Escola de Idiomas, 213 alemán, 89 están matriculados en italiano, 41 en galego, 126 en portugués e 68 en chinés. Asimesmo, a sección de inglés que funciona en Sarria dende hai un ano conta con 199 matriculados. A Escola Oficial de Idiomas de Monforte ten 442 alumnos en total, dos que 293 estudian inglés, 72 francés, 55 aprenden alemán, e 22 italiano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Charlas para informar sobre o papel das familias na prática deportiva dos máis novos

Seguinte Nova

Axudas provinciais para os concellos que asuman o copago dos medicamentos de crónicos

Últimas noticias sobre CULTURA

     
A %d blogueros les gusta esto: