
Do 20 ó 22 de novembro, Monforte acolleu a celebración do II Forosaúde 2013, organizado por PLADESAPU-Monforte, e que versou sobre a «contra-reforma» que está a levar a cabo a Consellería de Sanidade e o Ministerio en canto ó copago de medicamentos, os riscos da privatización encuberta da tecnoloxía hospitalaria, e as consecuencias que para os pacientes da provincia de Lugo está a ter o retraso na posta en marcha, por parte da Consellería, dos servizos de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear no Hospital Lucus Augusti. No II Forosaúde participaron profesionais da medicina implicados na defensa da Sanidade pública, como o dr. Pablo Vaamonde, autor de publicacións sobre este tema, o dr. Bernardino Pardo, membro da Plataforma Non Grazas, e o dr. Manuel Martín, Presidente da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública e portavoz de SOS Sanidade Pública, entre outros.•
