Charlas para informar sobre o papel das familias na prática deportiva dos máis novos

Organizadas dende a Vicepresidencia provincial

O responsable da Área de Deporte e Benestar Social da Deputación, Antonio Veiga, presentou esta iniciativa xunto con Pilar López, concelleira de Benestar Social no Concello de Monforte. GPVDL.

As áreas de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo veñen de desenvolver un programa para a formación de pais e nais con fillos deportistas, que baixo o título “Os pais no deporte, importancia e papel”, trata de contribuír, desde a Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo de Galiza, á formación, ó desenvolvemento e á mellora dos deportistas na nosa Comunidade. O obxectivo principal destas charlas é dotar ós pais, adestradores e directivos, de formación para desenvolver o seu papel na actividade deportiva que practican os seus fillos, para poder así contribuír á súa formación, non só desde o punto de vista físico, senón tamén desde o punto de vista da promoción do benestar e das relacións sociais.

CHARLA CON CASOS PRÁTICOS

A Casa da Cultura de Monforte acolleu unha destas charlas, o pasado 26 de novembro, onde Rubén Domínguez, Hugo Fernández e Rubén López, profesionais da psicoloxía e o coaching no deporte, achegaron estes coñecementos aos pais e nais asistentes. A sesión está integrada por unha parte teórica, con contidos asequibles para o público en xeral, e unha parte máis prática, a través do visionado de vídeos con casos concretos de deportistas e as súas familias. Ó final, a charla rematou cun debate entre os poñentes e o público asistente, que expuxo as súas dúbidas e preguntas, e recibiu diverso material didáctico en forma de folletos explicativos sobre estas cuestións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lugo amosa a exposición «Visións», co traballo de 7 fotógrafos lucenses, ata o 20 de decembro

Seguinte Nova

As Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia teñen un 52,5% máis de alumnos que hai cinco anos

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio