Convenio da Deputación coa Asociación de Hosteleiros para a dinamización turística da provincia de Lugo

O delegado de Cultura e Turismo da Vicepresidencia provincial, Mario Outeiro, trala firma do convenio co presidente da APEHL, Cheché Real. GPVDL.

A mediados de novembro, o delegado de Cultura e Turismo da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, asinou un convenio de colaboración, por un importe de 35.000 euros, co presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL), Cheché Real, para o desenvolvemento e o benestar do sector da hostalería, do turismo e do ocio mediante a posta en marcha de iniciativas de promoción da gastronomía, e dos valores que presenta a provincia como destino turístico estatal e internacional.

DESESTACIONALIZAR A OFERTA TURÍSTICA

A área de Turismo e APEHL están de acordo en traballar para desestacionalizar a chegada de visitantes e ofrecer alternativas ao turismo masificado, a través dunha promoción turística conxunta a nivel provincial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Consorcio Ribeira Sacra desenvolveu tres cursos para o sector turístico do sur

Seguinte Nova

Actuacións provinciais para acondicionar o rural do sur lucense

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: