Lazos brancos para celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero

Un gran lazo branco presidiu a paisaxe urbana de Monforte durante os días previos á celebración do Día contra a violencia de xénero. EC.

Diversos actos conmemorativos celebráronse no sur de Lugo en torno ó Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro. Un gran lazo branco, símbolo da concienciación sobre esta lacra social, presidiu a paisaxe urbanas en diversos puntos das nosas comarcas. Asimesmo, colectivos e centros de ensino organizaron variadas actividades co obxectivo de eliminar, a través da educación e da reflexión sobre o respecto e a igualdade, as terribles consecuencias da violencia de xénero. Neste sentido, dende a Secretaría Xeral da Igualdade, destacaron “a necesidade e da importancia de educar en igualdade aos xóvenes e adolescentes para, deste xeito, camiñar cara unha sociedade máis libre e respectuosa cos dereitos fundamentais”, según declarou a secretaria xeral da Igualdade, a chantadina Susana López Abella, que fixo un chamamento a todas as institucións a que sumen esforzos na loita contra a violencia de xénero. “Esta é unha loita que só podemos gañar, entre todas e todos, en igualdade”.•

A exposición itinerante “Cartas de amor” puido verse na Casa da Cultura de Monforte para reflexionar, a través das propostas de prestixiosos artistas plásticos, sobre a importancia do respecto e da igualdade nas relacións de parella. EC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Centro do Viño de Monforte vendeu dende xuño preto de 6.000 botellas da Denominación

Seguinte Nova

O Plan de Cooperación da Xunta cubriu todos os concellos de Chantada, según os populares

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: