Melloras nos viais do Incio con maquinaria provincial

Aforro municipal de 62.000 euros

A deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, acompañada pola alcaldesa de O Incio, Laura Celeiro, supervisaron as obras en Outeiro, parroquia de Toldaos. GPDL.

No mes de novembro comezaron en O Incio os traballos de mellora no vial principal da parroquia de Toldaos, no lugar de Outeiro. Estes traballos desenvólvense con maquinaria do Parque Móbil da Deputación de Lugo, o que supón un aforro para as arcas municipais de preto de 62.000 euros. A ampliación da superficie desta estrada estase a realizar por dúas pas e un camión do Parque Móbil provincial. A continuación, procederase á limpeza e ó acondicionamento con formigón das cunetas de dita estrada, e á reparación do firme nos puntos onde sexa necesario. Según explicaron os responsables provinciais, estas melloras facilitarán ós veciños o acceso con vehículos e maquinaria de traballo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os maiores de O Incio achéganse ás TIC a través dun curso provincial

Seguinte Nova

O programa “Fórmate en verde” amosou en Chantada as oportunidades da agricultura ecolóxica

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: