Monforte, capital provincial do taekwondo

•O evento celebrado na cidade do Cabe foi organizado polo club Neka, con cheo de público nas gradas de A Pinguela •Nesta proba clasificatoria para o Campionato galego, foron 32 os taekwondistas de Neka que pasarán á fase autonómica

Un total de 227 deportistas de toda a provincia déronse cita en Monforte nesta proba clasificatoria para o Campionato galego, e na que o club Neka conseguiu 32 clasificados. EC

O sábado 30 de novembro, o pavillón polideportivo de A Pinguela de Monforte encheuse para a celebración da fase provincial da Copa Deputación, organizada na cidade do Cabe polo club Neka. Un total de 227 taekwondistas de toda a provincia acudiron á cita monfortina, para competir durante toda a mañá do sábado nesta proba, clasificatoria para o Campionato Galego.

Excelente traballo dos deportistas do club Neka na fase provincial do Campionato Galego celebrada en Monforte, na que se clasificaron 32 taekwondistas para a fase autonómica. EC.

GRAN TRABALLO DOS DEPORTISTAS DO CLUB NEKA DE MONFORTE

Nesta edición da Copa Deputación de Lugo, os monfortinos do Neka superaron os resultados acadados o ano pasado, cando conseguiron pasar á ronda autonómica 24 deportistas. Na proba disputada en Monforte, foron un total de 32 taekwondistas do Club Neka os que lograron clasificarse para o Campionato Galego: Rodrigo Huanay, de Dios, Luis García Rodríguez, Meritxell Varela Jorge, Álvaro Huanay de Dios, Juan Veloso Varela, Sabela González Seijas, Nerea Rodríguez Díaz, Allan Guagua Benítez, Darío Touzón Mondelo, César Méndez González, Edmundo Mariño Taboada, Enrique Álvarez Asensio, José Luis Rodríguez Díaz, Noe Gegunde Rodríguez, Pablo Rodríguez López, Nerea Fernández Abad, Sydney Rodríguez Lagoa, Marco García Martínez, Alejandro Fernández Franjo, Marina Villar Rubines, Brais Rodríguez Rodríguez, Gael Trujillo Quiroga, Iria de la Fuente Palacios, Carlos Fernández González, José Roca Rodríguez, Víctor Iglesias López, Francisco López Feijóo, Alejandro López González, Alejandro Losada Rodríguez, Manuel Veloso Varela, Carlos Rey Cuadrado e Samuel López Timiraos. Dende Neka, o seu adestrador, José Mª Vega, amosou a súa satisfacción por este estupendo resultado, ademais de destacar a “gran implicación de pais e rapaces” na organización deste importante evento provincial. A próxima cita dos de Neka coa competición será no Campionato de España, o 19 de decembro.•

As gradas de A Pinguela enchéronse de afición na fase provincial lucense da Copa Deputación de taekwondo, celebrada en Monforte o 30 de novembro, e organizada polo club Neka. EC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta destina preto de 300.000 euros en axudas para investimentos nos polígonos de Monforte, Sarria, Taboada e Chantada

Seguinte Nova

Chantada celebra o I Torneo Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: