Esta axencia especializada das Nacións Unidas para a promoción e desenvolvemento dun turismo responsable e sustentable, e universalmente accesible, ven de editar un libro en inglés para promover os valores esenciais do turismo. O libro, coordinado por Anita Mendiratta, recolle baixo o título “Historias de Turismo” as experiencias turísticas de 14 personaxes, procedentes de diversos países. España está representada polo Camiño de Santiago, e a súa experiencia turística está escrito por José Antonio de la Riera, expresidente e un dos fundadores da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Galicia. O capítulo de De la Riera, titulado “Tras os pasos dos peregrinos a Santiago”, xira en torno ó lugar de Santiago de Olveiroa, no Camiño de Fisterra e Muxía, como exemplo de que o turismo ben entendido pode servir de elemento revitalización e transmisor de valores universais.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que
En Lourenzá tivo lugar o acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este
Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo
O Consello de Cultura Galega organizou a pasada semana no Colexio da Nosa Señora da Antiga