O programa «Voluntariado de Lectura-A» inclúese no novo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para recoñecer e impulsar as actitudes de colaboración e solidariedade entre o alumnado galego a través das bibliotecas escolares. O obxectivo desta iniciativa é estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura, o que poderá concretarse a través da colaboración do alumnado nas diferentes actividades desenvolvidas na biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura compartida organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro, nas que poderán participar, así mesmo, outros sectores da comunidade educativa. De entre os 44 participantes de toda Galicia, ao remate do curso seleccionaranse 4 centros, un por provincia, cuxos estudantes e profesores implicados compartirán as súas experiencias nunha xornadas de convivencia.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que
En Lourenzá tivo lugar o acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este
Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo
O Consello de Cultura Galega organizou a pasada semana no Colexio da Nosa Señora da Antiga