
A nova etapa xerencial no Centro do Viño que comezou o pasado mes de xuño cumple o seu primeiro semestre, no que a dinamización en torno ó mundo do viño está a ser o seu gran obxectivo, ademais de funcionar como vinoteca referencial das marcas elaboradas baixo a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O Centro do Viño conta coa maior oferta de viños deste selo, con 136 marcas á venda, das que 32 obtiveron máis de 90 puntos na prestixiosa Guía Peñín. Dende xuño, o Centro do Viño leva vendidas 5.900 botellas de viño da Ribeira Sacra, e dende este mes a súa páxina web incorpora un catálogo de viños con todas as referencias que a vinoteca ten a venda. Ademais, antes do Nadal estará en marcha a tenda on- line para mercar estes viños a través da rede.•