O Consorcio Ribeira Sacra desenvolveu tres cursos para o sector turístico do sur

En Monforte, Chantada e Luíntra

Un momento do curso de cociña organizado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, que se impartiu en Luíntra. (Foto cedida).

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ven de poñer en marcha, entre novembro e decembro, tres cursos destinados ó sector do turismo no sur lucense. Trátase dun curso de inglés, que se está a impartir no Centro do Viño de Monforte ata o 4 de decembro, así como dun curso de cociña, que se prolongará ata o 3 de decembro, no Edificio Multiusos de Luíntra, en Nogueira de Ramuín. Asimesmo, o curso de redes sociais e e-marketing ten lugar no Telecentro de Chantada ata o 3 de decembro.

APOSTA POLA FORMACIÓN PARA A COMPETITIVIDADE NO TURISMO

Nestes cursos gratuítos, subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, contan coa participación de 42 empresarios e persoal do sector turístico da Ribeira Sacra pertencentes a empresas, establecementos ou actividades turísticas. Según explicaron os responsables desta iniciativa, os cursos teñen como obxectivo apoiar a estes empresarios e profesionais no seu crecemento como empresa, mellorar o seu posicionamento on-line e vencellar a súa oferta gastronómica cos recursos do noso territorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Segue a polémica en torno ás responsabilidades polo problema da auga en Bóveda

Seguinte Nova

Convenio da Deputación coa Asociación de Hosteleiros para a dinamización turística da provincia de Lugo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio