O Courel, protagonista do libro infantil presentado en Quiroga

Francesca L. da Silva, durante o seu encontro literario co alumnado do CEIP de Quiroga. (Foto cedida CEIP Quiroga)

“Dragóns no Caurel” é o título do último libro da escritora Francesca López da Silva, que acudiu a Quiroga o día 19 deste mes para presentalo xunto a unha mostra do seu público lector. Alumnado do CEIP de Quiroga desprazouse ata a Casa da Cultura para dialogar coa autora deste libro, inspirado na paisaxe do Courel que tanto marcou á escritora e ilustradora ferrolá nas súas estancias familiares en Quiroga cando era nena. A natureza e as tradicións desta zona quedaron gravadas na súa imaxinación infantil; a lembranza das montañas, árbores, e animais da súa infancia fixeron xurdir esta historia onde as covas das terras do Courel agochan increíbles dragóns e seres fantásticos. A mitoloxía galega tamén está presente nesta historia que, como explicou Francesca López da Silva, inclúe un personaxe vinculado ó mundo mítico galego, o trasgo Barucho, baseado nunha persoa real que de nena lle contou moitas historias das terras quiroguesas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completadas as melloras na LU-642 en O Incio

Seguinte Nova

Remataron en Quiroga os dous cursos de formación sociosanitaria da Xunta

Últimas noticias sobre CULTURA

 
A %d blogueros les gusta esto: