O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, explicou hoxe que todos os concellos da comarca de Chantada e A Ulloa recibiron un total de 246.719 euros a través do Programa de Cooperación da Xunta que fixeron posible a contratación de 35 desempregados. O deputado popular indicou que con estas axudas a Xunta financia “ao cen por cen” a totalidade dos custes salariais e de seguridade social das persoas contratadas ao abeiro deste plan, aínda que son os concellos os que de xeito autónomo propoñen e realizan os contratos. Balseiro salientou que, “a diferenza dos programas postos en marcha por outras administracións, como por exemplo a Deputación de Lugo, ningún concello queda excluído destas axudas e, polo tanto, todas as persoas que estean inscritas no paro nas comarcas de Chantada e de A Ulloa poden ser potencias beneficiarios dos plans de cooperación da Xunta. Algunhas das contratacións que se subvencionan, están destinadas á incorporación laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero, que teñen prioridade absoluta.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Esta nova liña de axudas está dirixida a autónomos, micro, pequenas e medianas empresas para
• As empresas candidatas a optar a estes espazos deberán ter domicilio social e fiscal no
• Seis destes programas, xa publicados e co prazo aberto para a presentación de solicitudes, van
• Trátase dunha actuación que se enmarca na liña de apoios que o Goberno galego destina
• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de