O programa “Fórmate en verde” amosou en Chantada as oportunidades da agricultura ecolóxica

Medioambiente, formación e empregabilidade

O edificio sindical de Chantada acolleu unha nova sesión sobre as oportunidades laborais da agricultura ecolóxica que está a ofrecer por toda a provincia o programa “Fórmate en Verde”, impulsado pola Deputación de Lugo. EC

• Agricultura e gandeiría ecolóxicas, así como o sector forestal sostible, son os eixos que están a marcar a programación formativa que de xeito gratuíto a Deputación de Lugo está a impulsar a través da iniciativa “Fórmate en Verde”, centrada en achegar ós interesados as profesións de futuro vinculadas ó medioambiente e ó desenvolvemento sostible. A finais de novembro comezou unha nova fase deste programa, integrado por seis accións formativas, que incluíron Chantada como lugar de desenvolvemento, ademais de Guitiriz e a Granxa Gayoso Castro. Neste novo ciclo de cursos participaron un total de 250 persoas nas tres sesións celebradas entre o 28 e o 30 de novembro.

MICOLOXÍA E POSIBILIDADES ECONÓMICAS DO CULTIVO ECOLÓXICO DAS SETAS

A sesión formativa de Chantada tivo lugar no edificio sindical, e estivo centrada nas potencialidades da agricultura ecolóxica como sector de desenvolvemento económico. Esta sesión totalmente gratuíta, na que se rexistraron preto de 100 solicitudes de participación, tivo como protagonista ó cultivo ecolóxico de setas, e os asistentes puideron achegarse á produción e comercialización deste produto. O curso ofreceu diversas claves acerca dos últimos sistemas de produción ecolóxica desta especie, así como todos os requisitos e procedementos para acadar a súa certificación dentro do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicai (CRAEGA). A sesión tamén informou ós asistentes sobre como desenvolver unha comercialización máis eficaz deste produto.

A AGRICULTURA ECOLÓXICA, UN DOS SECTORES ECONÓMICOS CON MAIOR CRECEMENTO EN GALICIA

Según os responsables deste programa, a agricultura ecolóxica está a ser un dos sectores económicos con maior crecemento en Galicia, pasando dos 400.000 euros facturados no ano 2000 ós 21 millóns de euros da actualidade. Pola súa banda, o programa “Fórmate en Verde” achegou a preto de 100 persoas reunidas na Granxa Gayoso Castro as posibilidades económicas da gandeiría ecolóxica, sector que nos últimos 5 anos experimentou un crecemento do 60% nas súas vendas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Melloras nos viais do Incio con maquinaria provincial

Seguinte Nova

O CEIP A Gándara, de Monforte, entre os sete centros lucenses que participan nun proxecto pioneiro de voluntariado a través da lectura

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio