Os maiores de O Incio achéganse ás TIC a través dun curso provincial

Inauguración dos cursos en novas tecnoloxías para os maiores de O Incio. GPDL.

Do 18 ó 21 de novembro, o programa InLugo, impulsado pola Deputación provincial, levou a cabo en O Incio dous cursos divulgativos sobre as aplicacións das TIC na mellora da calidade de vida dos nosos maiores. Baixo os títulos “Atréveste con Internet? Axudámosche” e “Xogamos coa mente”, os participantes aprenderon os fundamentos básicos de Internet para poder acceder a toda a súa información e desenvolver tarefas como pedir cita no médico, comunicarse cos seus familiares ou consultar o tempo. Este manexo básico das TIC permite tamén previr o deterioro cognitivo mediante o emprego do ordenador e as múltiples posibilidades que ofrecen a rede e as novas tecnoloxías.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Visita institucional ó Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares

Seguinte Nova

Melloras nos viais do Incio con maquinaria provincial

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio