O CEIP Virxe do Carme de Sober beneficiarase do Plan de Formación Permanente del Profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a mellora do traballo na biblioteca escolar ata 2015. Según informaron os responsables educativos, o persoal do centro elaborou un proxecto para a biblioteca que incluía as carencias e aspectos a mellorar, e en base a esa proposta, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa concedeu o proxecto de formación para os profesores durante os cursos 2013-2014 e 2014-2015. O proxecto inclúe 80 horas de formación repartidas en dous cursos e en dos grupos de traballo. A temática versará sobre as novas tecnoloxías e a xestión da biblioteca, a competencia lingüística e a biblioteca, TICs e biblioteca, e novos recursos para a biblioteca escolar. Estes cursos buscan que o profesorado mellore a competencia lingüística do alumnado. Asimesmo, insistirase na elaboración de materiais específicos, así como na incorporación da biblioteca como recurso de apoio para calquera materia ou busca de información. O plan de formación desenvolverase no colexio soberino, adaptándose ás características do centro e do alumnado.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O Concello de Monforte contou con dobre participación no II Encontro Estatal Gobernos Locais e Cooperación
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en