Porto Seco de Monforte: A Xunta formalizou o contrato da conexión coa LU-933 e N-120

O 22 de novembro, o Diario Oficial de Galicia publicou a formalización do contrato administrativo das obras de conexión do Porto Seco de Monforte coas estradas LU-933 e N-120, no treito Porto Seco- estrada LU-933. Os traballos foron adxudicados pola Consellería á UTE Vila Río Miño-Antalsis, por un importe de 5.342.968,75 euros. Este proxecto está cofinanciado ata nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. A voceira do PP en Monforte, Julia Rodríguez, agradeceu “o compromiso da Xunta con Monforte, que está a traballar “sen descanso para que o Porto Seco albergue empresas canto antes”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Actuacións provinciais para acondicionar o rural do sur lucense

Seguinte Nova

Completadas as melloras na LU-642 en O Incio

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: