Remataron en Quiroga os dous cursos de formación sociosanitaria da Xunta

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, durante a clausura dos cursos de atención sociosanitaria do programa AFD da Xunta de Galicia. EC

O Centro Social de Quiroga acolleu o pasado 17 de novembro o acto de clausura dos dous cursos de atención sociosanitaria que se desenvolveron neste municipio, dentro do programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD) da Consellería de Traballo e Benestar. Os participantes recibiron cadanseu diploma acreditativo, nun acto no que participaron a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

TRINTA BENEFICIARIOS DOS CURSOS EN QUIROGA

O rexedor local agradeceu a colaboración da Xunta co Concello de Quiroga para levar adiante estes cursos, que serviron para que trinta persoas en situación de desemprego poidan acceder a formación dentro de sectores con alta demanda de emprego, e mellorar así a súa empregabilidade. Os cursos de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, e a persoas dependentes en institucións sociais, incluíron diversos módulos de formación teórica e prática. Neste sentido, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou o carácter teórico-prático dos cursos, e a súa orientación cara “aos novos viveiros de emprego como é a atención ás persoas dependentes, que está a ser unha das especialidades máis demandadas tanto polas entidades promotoras dos cursos como polo alumnado”.

Os trinta participantes nos dous cursos de atención sociosanitaria recibiron os seus diplomas acreditativos. EC.

MÁIS EMPREGABILIDADE A TRAVÉS DUNHA FORMACIÓN “AXEITADA ÁS NECESIDADES DO MERCADO LABORAL”

En canto á mellora da empregabilidade dos participantes nestes cursos, Arias destacou “a formación axustada ás necesidades do mercado de traballo” que ofrecen estas iniciativas, para o que se conta coa participación doutras entidades públicas e privadas. Así, a delegada da Xunta en Lugo puntualizou que no programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD) implícanse concellos, sindicatos, organizacións empresariais e mesmo empresas privadas, que organizan boa parte dos cursos e axudan a configurar unha programación axustada ás necesidades reais do mercado laboral. As accións formativas incluídas neste plan pretenden atender aos requirimentos de competitividade das empresas, recoñecendo os sectores en alza e cualificando ás persoas desempregadas nas habilidades que demandan eses novos viveiros de emprego.

19 CURSOS DA AFD DA XUNTA NO SUR DE LUGO, E A METADE ORIENTADOS Ó EIDO SOCIOSANITARIO

Pola súa banda, Raquel Arias lembrou que este ano a Xunta está a investir máis de 4 millóns de euros en 131 cursos que se desenvolven na provincia e nos que participan preto 2.000 persoas. No sur de Lugo, son 19 cursos os desenvolvidos nas comarcas de Quiroga, Terra de Lemos e Chantada, cun investimento de preto de 700.000 euros. O 50% das accións programadas deste ano no sur de Lugo están orientadas ao ámbito dos servizos sociais, e máis en concreto a prestar atención sociosanitaria a persoas maiores ou con algún tipo de dependencia, tanto no seu propio domicilio como en institucións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Courel, protagonista do libro infantil presentado en Quiroga

Seguinte Nova

Plan de Formación permanente do profesorado ata 2015 no colexio de Sober

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

 
A %d blogueros les gusta esto: