Segue a polémica en torno ás responsabilidades polo problema da auga en Bóveda

Cruce de acusacións entre populares e socialistas

As deficiencias que presentou durante varios meses o servizo de suministro de auga potable en Bóveda segue a xerar polémica política en torno á responsabilidade institucional desta situación.

OS SOCIALISTAS CUESTIONAN A XESTIÓN DA XUNTA E DO CONCELLO

O pasado día 21, o deputado socialista Vicente Docasar esixiu no Parlamento galego explicacións ó Goberno sobre «se é coñecedor do mal estado da canalización», e instou á Xunta a «garantir que a auga sexa apta para o consumo, xa que, do contrario, seguirá perigando a saúde dos veciños». Docasar lamentou que «os veciños tiveran que recurrir a manantiais e a supermercados para poder consumir auga e ducharse», e reclamou á Xunta «que non se esconda detrás de cortinas de fume porque os cidadáns piden solucións definitivas, non parches”. Ademais das repercusións inmediatas desta situación, o socialista denunciou as consecuencias futuras da xestión deste problema por parte do Partido Popular, xa que «o proxecto da Xunta e do Concello para solucionalo deixará hipotecado á entidade local durante varios décadas”. Docasar lamentou que a Xunta destinara «varios millóns de euros a unha macro residencia, xestionada por unha empresa privada e, pola contra, non dispoña de cartos para arranxar esta traída que leva anos dando problemas». Vicente Docasar criticou que «o Concello non só eludiu a súa responsabilidade, senón que incumpriu o compromiso asumido nas eleccións de 2007», que incluía, según explicou Docasar, a construción dunha depuradora «coa que se evitaría esta grave situación de insalubridade».

RESPOSTA DO ALCALDE DE BÓVEDA

Pola súa banda, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, rexeitou as críticas do parlamentario socialista, lembrándolle que “a Deputación de Lugo foi a única administración que lle deu a espalda ós veciños co problema da auga”. Arias afirma que o presidente da Deputación se comprometera a colaborar co proxecto da segunda fase de abastecemento de auga “e tivo que ser a Xunta a que finalmente mellore a ETAP e faga a inversión que corresponde”. Días despois, Augas de Galicia anunciaba a próxima adxudicación das obras de mellora da ETAP de Bóveda, e o rexedor local anunciaba que os traballos poderían comezar a principios de 2014. “Cumprindo este calendario, a mediados do vindeiro ano o Concello disporá dunha alternativa para o suministro de auga fronte á captación do encoro de Vilasouto”, precisou José Manuel Arias.

O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, durante o anuncio da próxima adxudicación da ETAP. GPXG.

AUGAS DE GALICIA FINANCIA O 100% DO CUSTE DA ETAP A TRAVÉS DUN CONVENIO CO CONCELLO

O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, sinalou que a competencia na prestación dos servizos de abastecemento e saneamento é das entidades locais, pero a Xunta intervén no marco do programa de colaboración técnico-financeira con entidades locais, e no caso de Bóveda aporta o 100% do custe da obra, estimado en 650.000 euros. Non obstante, indicou que, según a Lei de bases de réxime local, hai outras administracións que teñen “non só a posibilidade senón a obriga”, de atender estas cuestións, como as deputacións.

DOCASAR ADVIRTE QUE A «SOLUCIÓN» DA XUNTA HIPOTECARÁ Ó CONCELLO OS PRÓXIMOS 20 ANOS

Días despois, o deputado socialista Vicente Docasar lembraba ó alcalde de Bóveda que «a canalización e subministro de auga potable é una competencia municipal e autonómica». Na súa resposta ó rexedor de Bóveda, Docasar lembrou que neste municipio «o PP leva gobernando alomenos durante os últimos 25 anos porque así o decidiron os cidadáns, e por tanto, non lle pode botar a culpa á herdanza recibida de outros, como acostuman a facer». Docasar lamentou que «a Xunta lle tenda a man a este Concello amigo a cambio de hipotecar as arcas públicas durante 20 anos”, xa que, según o socialista, o proxecto está dotado con 657.113 euros, dos que a entidade local deberá achegar o 30% desta cantidade en anualidades fixas durante as próximas dúas décadas. Vicente Docasar lamentou que «os gobernos do PP se comportan con altanería cando son goberno, e intentando facer o mesmo cando son oposición».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Veciñal de O Saviñao reclaman melloras no punto de información turística

Seguinte Nova

O Consorcio Ribeira Sacra desenvolveu tres cursos para o sector turístico do sur

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: