Visita institucional ó Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, acompañou ó Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, na súa visita ó Centro de Excelencia para a Formación en Inglés de Os Peares. GPCC.

O pasado 18 de novembro, o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, acompañou ó conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, na súa visita ás instalacións do Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares, para coñecer de primeira man o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras do alumnado de último curso de Educación Primaria de Galicia e dos catro cursos da ESO. Na visita participaron tamén o delegado xeral de Gas Natural Fenosa, Luís Díaz López; a product manager da liña Junior da empresa Vaughan, Esther Muñoz; e o subdirector xeral de ordenación e innovación educativa e formación do profesorado, Manuel Vila.

ESTADÍAS LINGÜÍSTICAS, AGORA TODO O CURSO

Según explicaron dende a Consellería, esta iniciativa intégrase nunha nova liña de actuación enmarcada no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, a través da cal a Consellería de Educación desestacionaliza o modelo no que atinxe a estas actividades de formación, xa que ditas estadías amplíanse a todo o curso.

A SELECCIÓN PRIMOU ÓS CENTROS EDUCATIVOS DO RURAL

Arredor de 500 alumnas e alumnos de 6º de primaria e os 4 cursos de ESO de 27 centros educativos públicos, con especial atención para os centros do rural, participarán este outono nesta experiencia formativa. Neste momento están a desenvolver a estadía 96 estudantes de 2º de ESO do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, do IES Plurilingüe A Paralaia, de Moaña, do IES Plurilingüe Adormideras, de A Coruña, e do IES Urbano Lugrís, de Malpica de Bergantiños. Os responsables autonómicos salientaron “o total éxito desta iniciativa”, xa que solicitaron participar na convocatoria 150 centros educativos. O obxectivo é mellorar as competencias en lingua inglesa do alumnado, a través dunha experiencia de comunicación neste idioma nun entorno que combina a aprendizaxe do idioma con actividades formativas e culturais. Así, ao longo da semana os estudantes, ademais das clases de inglés, desenvolverán actividades realizadas de forma íntegra nesa lingua, combinación que contribúe a estimular a aprendizaxe e a facer a estadía moito máis atractiva para os rapaces.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta sorteou en Pantón cinco vivendas de promoción pública

Seguinte Nova

Os maiores de O Incio achéganse ás TIC a través dun curso provincial

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: