A zona comercial de Quiroga mellora en estética e accesibilidade

As obras realizadas contaron con achegas da Xunta de máis de 225.000 euros

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, acompañou á delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a visitar o estado das obras da rúa Real, días antes de completarse os traballos. GPDTL.

O centro da capitalidade de Quiroga ven de gañar en accesibilidade e estética coa mellora da pavimentación e do mobiliario urbano realizada ó longo do nodo comercial da vila.

O COMERCIO, CLAVE NA ECONOMÍA LOCAL

Estas obras foron completadas nestes días, e o resultado supón, según a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, “un impulso para o entorno comercial” coa modernización das infraestruturas da zona, “e que se xustifica pola importancia do comercio na dinamización da economía local, ao tempo que actúa como unha rede que vertebra o progreso de toda a nosa comunidade”.

MELLORAS NO PAVIMENTO, BEIRARRÚAS E PRAZAS DE APARCADOIRO

A representante do Executivo autónomico na nosa provincia explicou, durante a súa visita a Quiroga a comezos deste mes, que estas actuacións contaron con axudas da Consellería de Economía e Industria por un importe superior ós 225.000 euros. Así, por unha banda, levouse a cabo na rúa Real a remodelación de beirarrúas, ampliándoas nalgún tramo, e tamén se substituíron diversos puntos de alumeado público, reformáronse os bordos, e remodelouse a zona de aparcamento, aumentando o ancho das prazas en distintas localizacións. Este proxecto supuxo un investimento de 151.475 euros, dos que a Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, subvencionou o 60%, aportando 90.000 euros.

SOTERRAMENTO DO CABLEADO

Por outra banda, estanse a realizar traballos do proxecto de soterramento de liñas eléctricas no entorno do auditorio municipal, e que contan cun investimento de 76.363 euros, dos que a Consellería de Economía e Industrial achega o 80% deste importe, con 61.090 euros de axuda. Arias destacou que esta actuación “é necesaria, porque a demandan os concellos, e reforza a seguridade da veciñanza”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Mostra do Aceita de Quiroga celebrarase en maio

Seguinte Nova

Antón Seoane presentou no Círculo Saviñao o seu libro disco “De Voces Ceibes a Milladoiro”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio