
A comezos deste mes, o Concello de Quiroga puxo en marcha varias centrais fotovoltaicas de 10 kilowatios de potencia nominal en edificios públicos da vila, para unha maior eficiencia enerxética. Foron instaladas nas cubertas do Auditorio Municipal, Casa da Cultura, CEIP de Quiroga, Pavillón Polideportivo Municipal, na Escola Infantil Galiña Azul, compartida cos garaxes da Praza España; na depuradora municipal, que comparte coas Piscinas Municipais e o Campo de Fútbol; e na Estación de Tratamento de Auga potable. Este sistema suporá para o concello de Quiroga un aforro de 20.000 euros anuais na factura enerxética.•