Instaladas centrais fotovoltaicas en edificios públicos de Quiroga

Un dos edificios onde se instalou unha central fotovoltaica é a Casa da Cultura de Quiroga. Arquivo EC.

A comezos deste mes, o Concello de Quiroga puxo en marcha varias centrais fotovoltaicas de 10 kilowatios de potencia nominal en edificios públicos da vila, para unha maior eficiencia enerxética. Foron instaladas nas cubertas do Auditorio Municipal, Casa da Cultura, CEIP de Quiroga, Pavillón Polideportivo Municipal, na Escola Infantil Galiña Azul, compartida cos garaxes da Praza España; na depuradora municipal, que comparte coas Piscinas Municipais e o Campo de Fútbol; e na Estación de Tratamento de Auga potable. Este sistema suporá para o concello de Quiroga un aforro de 20.000 euros anuais na factura enerxética.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Programación de Nadal en Quiroga

Seguinte Nova

A Mostra do Aceita de Quiroga celebrarase en maio

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: