Nadal Solidario en Brollón

Ricardo Rodicio e Xosefa Rodríguez, do consello comarcal do BNG, na entrega de alimentos que realizou esta agrupación política no Concello de A Pobra do Brollón. (Foto cedida).

A comezos deste mes, Ricardo Rodicio e Xosefa Rodríguez, membros do Consello Comarcal do BNG, fixeron entrega na oficina de servizos sociais de Brollón dos 45 quilos de alimentos non perecedoiros doados polo BNG de A Pobra do Brollón, con destino ás familias máis necesitadas do municipio, dentro da campaña Nadal Solidario desenvolvida polo Concello de Brollón. Ademais, e dentro desta mesma iniciativa municipal, o Concello de Brollón fixo entrega de cheques ás familias máis necesitadas para canxear nos supermercados locais, antes do 31 de decembro, por alimentos de primeira necesidade. Así, o Goberno local de Brollón “quere estar ó lado dos máis desfavorecidos, apostando por políticas sociais que palíen as necesidades das persoas que máis o precisan”. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os comerciantes de Sarria súmanse á campaña “O Lapis Solidario”

Seguinte Nova

O CCU de Monforte, premiado pola súa implicación social, promoción da cidade e dinamización comercial

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio