Os establecementos integrados na Asociación de Comerciantes y Empresarios de Sarria- CCU, colaboran na campaña “O Lapis Solidario”, desenvolvida pola Cruz Roja de Sarria, e na que se pon á venda o lapis solidario por 1,5 euros a unidade. Este lapis poderá adquirirse en todos os locais asociados a ACES-CCU, e os fondos recaudados destinaranse a agasallar ós nenos e nenas máis necesitados de Sarria polos Reis Magos. Simultáneamente, os comerciantes de Sarria veñen desenvolvendo a Campaña de Nadal, que premia as compras nos establecementos asociados. Con cada compra, os consumidores poderán optar a un dos 18 vales de compra que se sortean (haberá dous vales de 100 euros cada un, e 16 vales de 50 euros). Os compradores poderán participar coas súas papeletas ata o día de Reis, e o sorteo das papeletas premiadas realizarase o 9 de xaneiro de 2013.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa