Programación de Nadal en Quiroga

As actividades culturais do Concello de Quiroga para as festas de Nadal comezan o día 20, coa videoconferencia con Papá Noel que poden seguir os cativos a partir das 12,30 horas no Telecentro. O sábado 21 terá lugar o Concerto de Nadal, no Auditorio Municipal dende as 19 horas, coa actuación da Coral Polifónica de Quiroga, o Grupo de Danzas e da Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga, e o Grupo de Danzas Arume de Queiruga, coa participación do Grupo de Alumnos das clases de música organizadas dende as Áreas de Educación e Xuventude do Concello. Durante a celebración deste evento, realizarase a entrega dos premios do Concurso de Postais e do IV Certame de Relato Curto, organizados polas Áreas de Xuventude e Educación. Xa o domingo 22, haberá títeres no Auditorio Municipal, coa representación de “O Crebanoces”, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística. O teatro será o protagonista o día 27, coa representación da obra “Avós…nunca é tarde”, a cargo do Grupo de Teatro do Centro Social, en colaboración coa Área de Igualdade. Entre outras actividades, destaca a celebración, o 4 de xaneiro, do Concerto Didáctico de Zanfona a cargo de Víctor Soto, a Cabalgata de Reis do día 5, a ludoteca de Nadal, o tradicional Campionato de Fútbol e os diversos campionatos que se organizan nos diversos establecementos e pubs da vila.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Balance das actuacións no eido tecnolóxico da Xunta de Galicia

Seguinte Nova

Instaladas centrais fotovoltaicas en edificios públicos de Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: