O Concello de Sober programa un obradoiro de teatro durante o Nadal dirixido a nenos e nenas a partir de cinco anos. O taller vai ser impartido pola directora de escena e dramaturga Eva F. Ferreira. A actividade desenvolverase no Centro Sociocultural de Sober do 23 de decembro ó 3 de xaneiro, de luns a venres agás os días festivos. O horario será de 16,30 a 18,30 horas. A inscrición terá un custo de cinco euros. Todos os interesados poden anotarse ou obter máis información na Biblioteca Pública Municipal ou no número de teléfono 982 460513.
Últimas noticias sobre CULTURA
Dende o 19 de xullo estivo exposta na Casa da Cultura de Chantada a mostra «Compromiso
O pasado 23 de xullo, tivo lugar a presentación do libro «Achegas á simboloxía do Románico
Unha das actuacións estelares do 17º Ribeira Sacra Festival Onte arrincou unha nova edición do 17º
A oitava edición do FanCine de Lemos chegou a súa fin tras cinco días de cine
• Cunha interesante tertulia na que participaron Olga Novo, Celia Díaz e Eva Teixeiro Quiroga vén