Seguen as melloras no saneamento das parroquias de Pantón

Raquel Arias visitou a comezos deste mes os traballos da rede de saneamento de Toiriz, acompañada polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. GPDTL.

As parroquias de Pantón están a mellorar a súa rede de saneamento en diversos puntos.

O NÚCLEO DE O BARRIO XA DISPÓN DE REDE DE SANEAMENTO

A finais de novembro quedaban completados as obras na parroquia de Eiré, que posibilitaron a creación desta rede no núcleo de O Barrio, que carecía deste servizo, e comunicala coa depuradora de Eiré. O importe destes traballos foi de 335.000 euros, financiados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

ESTACIÓN DEPURADORA E REDE DE COLECTORES EN TOIRIZ

Asimesmo, están en marcha as obras para a mellora do saneamento na parroquia de Santa María de Toiriz. Os traballos neste punto consisten na instalación dunha rede de catro quilómetros de colectores, en distintos tramos e dotados dos correspondentes pozos de rexistro, e a construcción dunha estación depuradora de augas residuais, que estará preparada para proceder a un desbaste previo, decantación primaria, tratamento biolóxico e decantación secundaria, según explicaron os responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Foi precisamente este departamento autonómico o que financiou estes traballos, cun investimento de 450.689 euros.

AS OBRAS DE TOIRIZ ESTARÁN REMATADAS NA PRÓXIMA PRIMAVERA

Para coñecer a evolución destes traballos, o pasado 9 de novembro a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou as obras de Toiriz, acompañada do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. Durante a súa visita, Arias destacou a importancia desta actuación, que facilitará un incremento da calidade ambiental desta zona, e anunciou que a Xunta espera ter rematada esta obra na próxima primavera. Raquel Arias suliñou tamén que estas obras beneficiarán a 220 veciños, e que a construcción desta nova depuradora permitirá acometer as seguintes fases do saneamento na contorna aproveitando esta infraestrutura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Pantón colabora con Cáritas na recollida de alimentos no Nadal

Seguinte Nova

Os comerciantes de Sarria súmanse á campaña “O Lapis Solidario”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio