Teatro e sabor all’italiana na Escola de Idiomas de Monforte

O obradoiro «Tiramisú Gramma-Teatrale» estivo dirixido pola pedagoga italiana Liana Vella na Escola Oficial de Idiomas de Monforte. (Foto cedida).

O alumnado de Italiano da Escola Oficial de Idiomas de Monforte participou o pasado 16 de decembro nunha singular experiencia formativa. A pedagoga teatral e experta en comunicación Liana Vella, de Turín, desenvolveu un obradoiro de teatro e cociña italiana. Baixo o título “Tiramisu Gramma-Teatrale”, e a través das metodoloxías da Pedagoxía teatral e o Teatro Social, os alumnos e alumnas elaboraron alí mesmo e representaron unha divertida obra de teatro colectiva a partir da receita do famoso doce italiano, que despois foi preparado polos participantes. Unha divertida e sabrosa experiencia que sen dúbida non esquecerán.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O escritor de xénero negro Miguel Anxo Fernández visitou o IES Daviña Rey

Seguinte Nova

Concurso de beléns no Concello de Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

 TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de

MORGAN

Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA

A %d blogueros les gusta esto: