O alumnado de Italiano da Escola Oficial de Idiomas de Monforte participou o pasado 16 de decembro nunha singular experiencia formativa. A pedagoga teatral e experta en comunicación Liana Vella, de Turín, desenvolveu un obradoiro de teatro e cociña italiana. Baixo o título “Tiramisu Gramma-Teatrale”, e a través das metodoloxías da Pedagoxía teatral e o Teatro Social, os alumnos e alumnas elaboraron alí mesmo e representaron unha divertida obra de teatro colectiva a partir da receita do famoso doce italiano, que despois foi preparado polos participantes. Unha divertida e sabrosa experiencia que sen dúbida non esquecerán.
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre