O pasado ano rexistrouse o maio máis frío dende 1984, e o xullo máis cálido dende 1981
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, publicou a finais de decembro o avance do Informe Climatolóxico no que se presenta a descrición climatolóxica que caracterizou ó 2013, e no que se evidencia que foi un ano de contrastes, rexistrando o maio máis frío dende 1984 e o mes de xullo máis cálido dende 1981.
NEVES EN FEBREIRO EN COTAS BAIXAS
En relación ás temperaturas, no mes de xaneiro foron suaves; pola contra, dúas entradas de aire frío, que viñeron acompañadas de neve en cotas baixas, fixeron que febreiro resultase frío.
TEMPERATURAS DE MÁIS DE 30º A FINAIS DE ABRIL
No documento, o mes de abril sobresaíu polas temperaturas máximas rexistradas a finais de mes con valores que superaron os 30ºC en vales do interior.
INESPERADO CALOR EN VERÁN E COMEZOS DE OUTONO
Os meses de agosto, setembro e outubro presentaron valores de temperatura máis altos do agardado e deron paso a un novembro frío. Decembro presentou temperaturas moi baixas na primeira metade con fortes xeadas no interior.