Emilio Moscoso e Antonio García cubrirán as vacantes deixadas pola dimisión de Xosé Maceda e Ana Jato
Os representantes municipais do Bloque Nacionalista Galego no Concello de O Incio serán, a partir deste mes, Xosé Emilio Moscoso Rodríguez e Antonio García Montero, trala dimisión dos concelleiros Xosé Maceda e Ana Jato. Según precisaron os responsables do BNG en O Incio, a elección destes novos representantes baseouse «exclusivamente en criterios orientados a garantir a completa dispoñibilidade para acometer as obrigas que tal responsabilidade leva implícita». Tanto Xosé Emilio Moscoso como Antonio García contan con «experiencia constatada», según explicaron os responsables do BNG neste concello, xa que foron concelleiros polo Bloque Nacionalista Galego en anteriores lexislaturas.
NOVA ETAPA PARA TRABALLAR «EXCLUSIVAMENTE POLOS INTERESES DOS VECIÑOS DE O INCIO»
A incorporación de Moscoso e García en substitución dos concelleiros que dimitiron supón, según a formación nacionalista, «unha nova etapa do BNG local, encamiñada exclusivamente a traballar polos intereses da veciñanza de O Incio».•