Completados os traballos de acondicionamento no centro urbano de Sober

O aspecto do centro da capitalidade de Sober ven de experimentar unha fonda remodelación, coa mellora e acondicionamento da rúa Comercio. EC.

O Concello de Sober rematou recentemente as obras de mellora integral da Rúa do Comercio, ás que destinou un orzamento de 81.000 euros, financiado nun 75% pola Consellería de Economía e Industria a través da liña de subvencións para o comercio de proximidade. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explicou que esta actuación “redunda en beneficio da imaxe da vila e mellora o seu aspecto de maneira substancial, un feito do que poderán desfrutar todos os veciños e veciñas e os turistas que se acheguen á localidade”. A rúa obxecto de mellora centra a actividade comercial da capitalidade de Sober, e non se acometera nela ningún tipo de reforma nos últimos 50 anos. Os traballos de mellora e acondicionamento incluíron a colocación de novas beirarrúas, un total de 25 prazas de aparcamento, entre elas unha para persoas con mobilidade reducida e tres para taxis, pasos de peóns adaptados, zonas para contedores, bancos, papeleiras e nova iluminación.

A mellora da rúa do Comercio ven a completar o recente acondicionamento da rúa Progreso, arterias da capitalidade soberina. EC.

Según explicaron os responsables municipais, a remodelación na rúa do Comercio tiña como obxectivo a adecuación propia dunha rúa comercial, polo que se pavimentou diferenciando as zonas segundo o seu uso. Así, as zonas peonís pavimentáronse con baldosas de formigón, as de aparcamento para vehículos con adoquín de formigón e a zona de calzada e paso de vehículos con aglomerado en quente. No novo pavimento colocaronse os vaos necesarios segundo a normativa de accesibilidade.

Tamén se incluíron as gábeas necesarias para o soterramento da instalación de alumeado público, renovada na súa totalidade substituíndo as luminarias actuais por outras máis modernas e eficientes para fomentar o aforro enerxético e reducir o consumo. Instalouse mobiliario urbano e sinais verticais de límite de velocidade na zona máis estreita da rúa. Asimesmo, creáronse zonas específicas para a colocación de contedores de residuos sólidos urbanos.•

RENOVACIÓN DAS PORTAS DE ACCESO Á CASA CONSISTORIAL DE SOBER

Imaxe do novo aspecto dos accesos principais á Casa Consistorial de Sober, trala substitución das portas de entrada da fachada. EC.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, asinaron recentemente un convenio de colaboración para a renovación das portas de acceso principal á Casa do Concello, que foron instaladas neste mes. O rexedor destacou a importancia de contar cun consistorio funcional e que “ofreza a mellor das imaxes para os traballadores, os administrados e os visitantes”. O convenio ten como obxectivo básico o cambio das portas de acceso á Casa do Concello, xa que a pesar do importante esforzo económico do Goberno local, este non foi suficiente, polo que se viu obrigado a pedir axuda para realizar o proxecto.

A actuación supón a potenciación e apoio por parte da Xunta á prestación de servizos dos concellos, como administración máis próxima á cidadanía. O proxecto contou cun orzamento total de 6.267,80 euros, dos que a Xunta achegou 6.000 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria celebrou o primeiro mercado temático en Nadal

Seguinte Nova

UGT Lemos-Valdeorras atendeu en 2013 un 30% máis de consultas xurídicas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio