•Só Andalucía conta con máis distintivos •Galicia lidera ademais a cifra de certificacións no turismo rural
Galicia rematou 2013 con dous distintivos Q de Calidade Turística máis que os contabilizados en 2012. Este saldo positivo implica unha suba no ranking estatal da comunidade ata o segundo posto, por diante do País Vasco e por detrás de Andalucía. No balance anual desta certificación de Calidade Turística figuran 249 empresas galegas certificadas. Ademais, Galicia mantense como a Comunidade cunha maior oferta certificada do global das empresas de aloxamento turístico, é dicir, na suma de hoteis, turismo rural e cámpings. O Instituto para a Calidade Turística Española certificou 611 empresas de aloxamento en todo o territorio español, das que 110 están localizadas en Galicia. Ademais, na nosa comunidade atópase o maior número de establecementos rurais certificados coa Q de Calidade, co 39,45%. Galicia lidera así a cifra de certificacións no segmento do turismo rural.