Quiroga, Monforte, A Pobra do Brollón, O Incio, Ribas do Sil, Bóveda e Carballedo acolleron as actividades do programa Nadal en Rede, da Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de desenvolver diversas actividades para promover o uso do galego no contexto navideño para os máis novos, dentro do programa Nadal en Rede. Este ano, foron moitos os concellos do sur de Lugo que acolleron estas actividades.
QUIROGA ACOLLEU O CONTO DE NADAL DE HOFFMANN, EN VERSIÓN GALEGA CON MONICREQUES
Así, o Auditorio Municipal de Quiroga foi o escenario para a obra «O Crebanoces», un espectáculo de monicreques inspirado no famoso conto de Nadal de Hoffmann, e do que puideron disfrutar nenos e maiores o pasado 22 de decembro.
OBRADOIRO PARA A RECUPERACIÓN DOS CANTOS DE NADAL, ANINOVO E REIS
Pola súa banda, Monforte, Bóveda, Ribas do Sil, Carballedo e A Pobra do Brollón recibiron o obradoiro de cantos de Nadal titulado «Cantámosche os Reis», dirixido a asociacións culturais e veciñais e ó público en xeral, para difundir cantos en galego propios destas datas, e animar á veciñanza a recuperar a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade.
OS REIS ENSINARON A ESCRIBIR AS CARTAS EN GALEGO NO INCIO
Ademais, o CEIP Ricardo Gasset de O Incio recibiu a visita dos Reis Magos antes de rematar as clases, e alí os rapaces e rapazas puideron coñecer canto lle gusta ás Súas Maxestades recibir as cartas escritas en galego, nunha actividade para fomentar o uso da nosa lingua entre os máis novos.•