Nadal en galego no sur de Lugo

Quiroga, Monforte, A Pobra do Brollón, O Incio, Ribas do Sil, Bóveda e Carballedo acolleron as actividades do programa Nadal en Rede, da Xunta de Galicia

A actividade «Lingua de Reis» foi unha das desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta no sur de Lugo neste Nadal. SXPL.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de desenvolver diversas actividades para promover o uso do galego no contexto navideño para os máis novos, dentro do programa Nadal en Rede. Este ano, foron moitos os concellos do sur de Lugo que acolleron estas actividades.

QUIROGA ACOLLEU O CONTO DE NADAL DE HOFFMANN, EN VERSIÓN GALEGA CON MONICREQUES

Así, o Auditorio Municipal de Quiroga foi o escenario para a obra «O Crebanoces», un espectáculo de monicreques inspirado no famoso conto de Nadal de Hoffmann, e do que puideron disfrutar nenos e maiores o pasado 22 de decembro.

OBRADOIRO PARA A RECUPERACIÓN DOS CANTOS DE NADAL, ANINOVO E REIS

Pola súa banda, Monforte, Bóveda, Ribas do Sil, Carballedo e A Pobra do Brollón recibiron o obradoiro de cantos de Nadal titulado «Cantámosche os Reis», dirixido a asociacións culturais e veciñais e ó público en xeral, para difundir cantos en galego propios destas datas, e animar á veciñanza a recuperar a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade.

«O Crebanoces» foi outra das actividades que animaron o Nadal no sur lucense, dentro do programa «Nadal en Rede» da Secretaría Xeral de Política Lingüística. SXPL

OS REIS ENSINARON A ESCRIBIR AS CARTAS EN GALEGO NO INCIO

Ademais, o CEIP Ricardo Gasset de O Incio recibiu a visita dos Reis Magos antes de rematar as clases, e alí os rapaces e rapazas puideron coñecer canto lle gusta ás Súas Maxestades recibir as cartas escritas en galego, nunha actividade para fomentar o uso da nosa lingua entre os máis novos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xa se pode consultar o Diario Oficial de Galicia no móbil

Seguinte Nova

Completada a sinalización dos accesos ó dolmen de Abuíme

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: