O último Pleno municipal do ano 2013 en A Pobra do Brollón rematou co rexeitamento da moción presentada polo Partido Popular en contra do Plan de Emprego da Deputación de Lugo. Nacionalistas, socialistas e independentes frearon co seu voto esta moción que “amosa ben ás claras que o portavoz do grupo conservador defende exclusivamente os intereses do seu partido en detrimento dos desempregados do seu municipio”, según precisaron os voceiros do BNG en Brollón. Os nacionalistas de A Pobra defenderon que o Plan de Emprego do organismo provincial “pretende paliar a escandalosa cacicada dos Obradoiros de Emprego da Xunta de Galicia, que fixo caer en mans dos concellos gobernados polo PP 19 dos 21 obradoiros que correspondían á provincia”. Asimesmo, dende o BNG de A Pobra lembraron que o último obradoiro de emprego desenvolvido neste concello “foi concedido polo Goberno bipartito, aínda que estivese gobernando o Concello o Partido Popular; velaí a diferencia”.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) presentou o pasado 8
Dende o Concello da Pobra do Brollón, veñen de promover unha campaña a prol do compostaxe
O alcalde-presidente do Ilmo. Concello de Bóveda, José Manuel Arias López, vén de informar nun recente
O Concello de Bóveda preparou un amplo calendario de eventos para celebrar o Día Internacional da
A deputada de Cultura Iria Castro instou os centros de ensino a participar na terceira edición