Preto de 4.700 persoas disfrutaron en Galicia do Outono Gastronómico

Participaron 117 casas rurais

No programa Outono Gastronómico 2013 participaron 117 casas rurais de toda Galicia. (Arquivo EC).

Turismo de Galicia promoveu entre o 13 de setembro e o 15 de decembro a sétima edición do programa Outono Gastronómico nas casas de Turismo Rural de Galicia. En total, participaron 117 casas de turismo rural que ofreceron 234 menús diferentes. Esta edición contou con varias modalidades: menú, paquete de un día ou fin de semana integral, coa posibilidade tamén de contratar unha fin de semana familiar. En total participaron 4.695 persoas, que xeraron máis de 321.000 euros de ingresos para as casas de turismo rural participantes. As casas de turismo rural venderon 255 menús na opción de gozar dun xantar nunha casa de turismo rural galega. Comercializáronse 1.377 paquetes de Outono Gastronómico, con xantar e aloxamento e se computaron 865 fins de semana con xantares e dúas noites de aloxamento. Ademais, esta edición contaba cunBono Agasallo, para regalar un paquete do Outono Gastronómico.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fallados os premios do Certame de Poesía de Nadal do Concello de Monforte

Seguinte Nova

UGT Lemos-Valdeorras ofrece servizo de internet gratuíto para os afiliados xubilados da comarca

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: