UGT Lemos-Valdeorras atendeu en 2013 un 30% máis de consultas xurídicas

É a primeira formación sindical en afiliacións

•Manteñen os 2.000 afiliados “a pesares da crise”, por riba incluso de todas as formacións políticas do sur lucense

Mario Docasar, vicesecretario xeral de UGT- Lemos Valdeorras, e José Luis Casar Enríquez, secretario de administración do sindicato, presentaron o balance de xestión do 2013, na sede monfortina da rúa Roberto Baamonde. (Foto cedida).

O sindicato UGT- Lemos Valdeorras presentou a finais do mes de decembro o balance de xestión, nun ano marcado pola protesta na rúa nos diversos sectores e o aumento das consultas atendidas en materia laboral. O vicesecretario xeral do sindicato, Mario Docasar, e o secretario de administración, José Luis Casar Enríquez, explicaron que UGT-Lemos Valdeorras tivo presencia activa nas manifestacións convocadas en Monforte e Santiago en defensa da sanidade pública, a educación e os dereitos dos empregados públicos, e contra a reforma das pensións, e tamén participaron nas concentración celebradas en Madrid en defensa da minería. Ademais, levaron a cabo unha intensa labor informativa con asambleas sobre estos temas en todas as empresas da zona sur de Lugo.

Asimesmo, Mario Docasar precisou que dende as oficinas da UGT en Monforte atenderon 1.100 consultas xurídicas, relativas a despidos, nóminas mal confeccionadas, ou contratos en fraude de lei, principalmente. “Estas consultas aumentaron un 30% con respecto ás rexistradas en 2012”, explicou o vicesecretario xeral de UGT-Lemos Valdeorras. En canto ás negociacións colectivas, o pasado ano, UGT-Lemos Valdeorras participou na negociación de contratación do servizo de FCC para o Concello de Monforte, na do convenio da pizarra que afecta a 3.500 traballadores das comarcas de Lemos, Quiroga e Valdeorras, e nestes momentos teñen denunciado o convenio de Magnesitas de Rubián.

•UGT-LEMOS VALDEORRAS PROMOVEU A REVISIÓN MÉDICA DE 480 TRABALLADORES DA PIZARRA NO CENTRO DE REFERENCIA PARA A SILICOSIS

Edificio sindical de Monforte de Lemos, onde está situada a sede do sindicato UGT Lemos-Valdeorras. (Arquivo EC).

Dende este sindicato ven “con preocupación” a saúde dos traballadores do sector da pizarra, polo que encargaron a revisión médica de 480 traballadores de Lemos e Valdeorras no Hospital General de Asturias, centro de referencia nacional para o estudio da silicosis. UGT considera “de vital importancia” a revisión dos mineiros da pizarra, “xa que a saúde non se vende e non ten prezo”. O recoñecemento médico estivo dirixido tanto a traballadores en activo como ós mineiros en paro e xubilados, xa que se teñen detectado moitos casos de silicosis incluso despois de 15 anos do cese da actividade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completados os traballos de acondicionamento no centro urbano de Sober

Seguinte Nova

ACES-CCA Sarria repartiu 1.000 euros en vales de compra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: