A Xunta de Galicia vén de publicar a nova aplicación para dispositivos móbiles do Diario Oficial de Galicia (DOG). Esta ferramenta supón un paso máis no achegamento da administración autonómica á cidadanía, facilitando a consulta da información do DOG en calquera momento e lugar desde un smartphone ou tableta con sistema operativo Android ou iOS. Desde comezos de ano, todos os anuncios publicados no DOG están dispoñibles no móbil. A aplicación pode descargarse de Google Play Store para Android e de iTunes para iOS. A aplicación do Diario Oficial de Galicia actualízase de xeito constante, e está dispoñible tanto en galego como en castelán.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
O Xeoparque Montañas do Courel lanzou un concurso para seleccionar o seu novo logo, adaptado ás
O Obradoiro Dual de Empleo Serra do Faro VIII está a facer unha importante contribución á
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,