A sala de Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista do HULA xa funciona a pleno rendemento

A Xunta investiu máis de 600.000 euros nesta unidade do Hospital Universitario Lucus Augusti

A Sala de Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista do Hospital Universitario Lucus Augusti xa funciona a pleno rendemento dende comezos de xaneiro. (Arquivo EC).

A nova sala de Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista que comezou a funcionar no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) o mes pasado xa se atopa a pleno rendemento, realizando entre cinco e seis intervencións ó día. Así o afirmou o pasdo 13 de xaneiro a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, na súa visita a esta unidade do Hospital lucense, á que cualificou como a “máis avanzada de Galicia e España” nesta especialidade.

COBERTURA POBOACIONAL DESTA NOVA SALA

A sala de Hemodinámica do HULA vén completar a nova área de servizo compartido de hemodinámica e cardioloxía intervencionista do norte de Galicia, creada a principios de decembro. Esta área integra as unidades de Hemodinámica e Cardioloxía Intervencionista do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e do Hospital Universitario Lucus Augusti, e dá cobertura á poboación das Estruturas Organizativas de Xestión Integrada da Coruña, Ferrol e Lugo-Cervo-Monforte de Lemos. Según precisaron os responsables do Sergas, esta sala evitará unha media de 1.300 traslados anuais de pacientes a outros hospitais de Galicia. Con este esquema funcional, Sanidade busca potenciar o traballo e a cooperación interhospitalaria, achegar os servizos á cidadanía e promover a equidade no acceso ás prestacións sanitarias, procurando o máximo aproveitamento de todos os recursos asistenciais presentes nos hospitais públicos. Según precisaron dende a consellería, o funcionamento da Unidade de Hemodinámica do HULA cumple as recomendacións do Ministerio de Sanidade e da Sociedad Española de Cardiología, en canto a criterios de calidade e seguridade. O Ministerio de Sanidad tamén establece que as unidades de Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista deben de ter ámbito rexional, e dar cobertura a unha poboación de en torno a un millón de habitantes, para asegurar casuística suficiente, unha boa praxis e estándares de calidade e seguridade suficientes. No caso dunha Sala de Hemodinámica, a poboación de referencia debe ser de 400.000 habitantes.

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, fala ós medios logo da súa visita á sala de Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista do HULA, acompañada da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, Antonio García Quintáns. GPCS.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS E PRESTACIÓNS DA NOVA SALA DO HOSPITAL LUCUS AUGUSTI

A nova sala de Hemodinámica do Hospital Universitario Lucus Augusti, adquirida por concurso público, é o equipo máis avanzado de que dispón nestes momentos a sanidade galega e a pública española para a realización de exploracións hemodinámicas. Incorpora os medios técnicos máis avanzados para afrontar as necesidades presentes e futuras das técnicas intervencionistas, e destaca pola súa gran calidade de imaxe, así como pola súa mobilidade, grazas ao sistema de soporte de arco isocéntrico, que permite realizar calquera proxección ao longo do paciente, dende calquera ángulo e sen interferir no traballo dos profesionais, que contan cunha maior liberdade de movementos. Este equipo pode dar cobertura a un amplo rango de aplicacións cardiolóxicas diagnósticas e intervencionistas, incluíndo procedementos como electrofisioloxía, coronariografía, ventriculografía, aortografía, arteriografía pulmonar, carótidas, anxiografías cerebrais e do abdome, entre outras. Ademais, garante uns procedementos menos invasivos, máis eficaces, incrementa o número de pacientes que pode atender, a resolutividade das intervencións e a comodidade dos postoperatorios, e trae consigo unha atención de calidade, máis cercana e resolutiva para os pacientes coronarios. A sala de Hemodinámica do HULA atenderá a práctica totalidade da patoloxía cardíaca que se produza na provincia de Lugo. O 95% da actividade que se desenvolve nunha sala de Hemodinámica é programada. Neste sentido, a nova sala de Hemodinámica conta tamén con gardas de cardioloxía as 24 horas do día, os 365 días do ano para a atención das urxencias que se xeren, así como cunha Unidade de Dor Torácica dentro do Servizo de Urxencias, e co apoio do 061 a través do Prograliam. Os principais procedementos que desenvolve a cardioloxía intervencionista son os cateterismos cardíacos, anxioplastias, arteriografías ou anxiografías, e colocación de stents ou próteses endovasculares.

Mosquera entregou o certificado de calidade ISO 9001 á unidade de Hospitalización de Oncohematoloxía. CSXG.

COMPOSICIÓN DO CADRO FACULTATIVO

A sala de Hemodinámica do HULA conta cun cadro de persoal facultativo integrado por hemodinamistas do Hospital Lucus Augusti e do Hospital Universitario da Coruña, xunto con outro persoal sanitario e non sanitario, tendo en conta as necesidades asistenciais de toda a área, e a necesaria coordinación cos seus respectivos Servizos de Cardioloxía e Unidades de Coidados Intensivos, así como coa sección de Cirurxía Cardíaca, incluída nesta área funcional. Asimesmo, a nova sala do HULA conta con persoal de enfermería, auxiliares, entre outros. Todos eles, completado o necesario período de reciclaxe e formación no emprego dos novos equipos, atenderán unha media duns seis pacientes ao día.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As xogadoras de A Pinguela, subcampionas da Copa de España de Voleibol infantil

Seguinte Nova

Foro de opinión: ¿Cómo vai repercutir a redución do número de deputados no Parlamento galego sobre a representatividade da provincia de Lugo?

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: